Saltar ao contido

Narciso Pezzotti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNarciso Pezzotti
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Offanengo, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1972), adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
F.C. Bolzano 1996
A.C. Crema 1908
1964–1967 S.S. Chieti Calcio
1967–1969 Empoli FC 74(4)
1969–1971 SPAL 42(3)
1971–1974 A.S.D. Solbiatese Calcio 1911 88(2)

Narciso Pezzotti, nado en Offanengo, Cremona, o 8 de xullo de 1942, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista xogaba de dianteiro e militou en varios equipos, principalmente da Serie C, ata que a súa carreira se viu truncada por mor dunha grave lesión de xeonllo.

Despois de obter a licenza de adestrador comezou a traballar na canteira do Solbiatese, antes de coller en 1978 as rendas do Como, na Serie B, como substituto do galego Luis Suárez, cesado trala xornada 24. Con todo, non puido evitar o descenso do club. Posteriormente pasou polo Empoli e en 1982 comezou a traballar como segundo adestrador de destacados técnicos: ata 1984 traballou con Eugenio Bersellini no Torino e máis tarde foi segundo de Vujadin Boškov na Sampdoria e na Roma (aínda que durante a súa etapa co iugoslavo o adestrador oficial era Pezzotti, mentres que Boškov tiña o cargo de director técnico). Coa Sampdoria gañou a Recopa de Europa e a Serie A.

En 1994 comezou a súa colaboración con Marcello Lippi, co que traballou na Juventus, no Inter de Milán e na selección italiana, sendo o seu principal colaborador durante a conquista da Copa do Mundo de 2006. Traballou co técnico toscano tamén na China, primeiro no Guangzhou e logo na selección chinesa.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Chieti

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Sampdoria

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]